Xornada de comercio electrónico e "social selling"


O vindeiro mércores 28 de Febreiro, terá lugar a Xornada  de comercio electrónico e "social selling na "Sala Eisenman – Cidade da Cultura – Santiago de Compostela.

O comercio electrónico e o “social selling” é ao tempo un reto e unha oportunidade para as empresas.

Esta xornada pretende aportar claves de implementación a través da guía do experto Alex López (un dos 20 mellores “influencers” de social selling a nivel mundial) e das experiencias de empresas galegas.

Presentaranse ademáis apoios postos en marcha polo IGAPE para a dixitalización, que poden ser aplicables nestes contextos.

// 10.00 h Presentación da xornada

// 10.10 h Mesa redonda: o comercio electrónico nas PEMEs Tendeus - José Ramón García Lolita moda – Juan Carlos Millán Recambios Frain – Francisco Dorado Filament2print – Lorenzo Mandayo Conservas Daporta – Alejandro Daporta

// 11.30 h Axudas do IGAPE á dixitalización Área de Competitividade - IGAPE

// 12.00 h Café - Networking

// 12.30 h KEYNOTE SPEAKER Charla-coloquio “Redes Sociais e Optimización de proxectos de venta” Álex López - Profesor de Linkedin & Social Selling

// 14.00 h Fin da xornada

Inscrición AQUÍ 

Ou ben no email: mat@igape.es